lunes, 28 de diciembre de 2020

"17 aulas, 17 motivos para ler "

 No marco do Proxecto de centro 2020-2021 "17 aulas 17 motivos para ler", estas vacacións de Nadal o alumnado recebeu un agasallo da nosa mascota Barazas, en forma de marcapáxinas, que inclúe un código QR de acceso directo ao blog da biblio,  en concreto á páxina relacionada cos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible 



As familias atoparán unha selección de recursos bibliográficos e informativos  que de xeito físico ou dixital serven de apoio  ao traballo nas aulas .

Deste xeito esperamos que  toda a comunidade educativa  sexa parte deste compromiso  co futuro do noso planeta.

lunes, 14 de diciembre de 2020

Familias comprometidas

A biblioteca está a servir de marco de distintas actividades, entre elas, conferencias presenciais e videoconferencias coas familias do alumnado de 2º, onde nos achegan en primera persoa ás características dos distintos oficios aos que se adican.

Podedes velos neste enlace
OFICIOS E PROFESIÓNS

A familia de Xaquín, alumno de 2ºB contounos da importante labor que fai UNICEF.
Tamén nos contaron as súas experiencias en temas relacionados cos ODS, proxecto do centro, tan presentes agora mesmo na sociedade e na escola.
Grazas por vir e por axudarnos a entender a importancia de coidar o mundo que nos rodea.

domingo, 13 de diciembre de 2020

Un ano de “O latexo dunha aula infantil”

InnovArte un ano máis



 Empezar a leer

Booktrailer “El latido de un aula infantil”, Octaedro editorial

O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián“, en El Correo Gallego TV-Librería Couceiro

Jaume Carbonell Sebarroja:”Diez libros sobre educación, cosecha 2020″, en Blog Pedagogías siglo XXI-El Diario de la educación, 2020

Eduardo Fuentes Abeledo: “Recensión sobre O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián, en Revista Galega da Educación, 70, 2020

Los 90 mejores libros para docentes“, en Educación 3.0