lunes, 12 de junio de 2023

Hixiene bucodental

 O curso está chegando ao seu fin pero nos continuamos a facer actividades que pensamos que son de gran importancia para o alumnado.

Nesta ocasión dentro das charlas levadas a cabo por especialistas, visitounos Marta, odontóloga na clínica dental infantil Meniños de Pontevedra.






Non  só nos explicou a importancia dos nosos dentes e  dunha correcta limpeza dos mesmos, tamén fixo, coa axuda de Fernando unha demostración de como debemos cepillarnos.



Para goce de nenas e nenos obsequiounos cun colar/cofre con forma de dente que fixo asomar o sorriso do alumnado.


Aquí vos deixamos os seus consellos






viernes, 31 de marzo de 2023

RECITANDO POEMAS

    Adicamos estas dúas semanas antes das vacacións, a recrearnos cos recitados compartidos entre niveis, do alumnado do cole.






martes, 21 de febrero de 2023

23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de sexto fainos este agasallo no Día de Rosalía

ENTROIDO no CEIP Plurilíngüe Praza de Barcelos

  A comunidade escolar está a celebrar o Entroido cun montón de propostas:

 O Equipo de Dinamización da língua mandounos as instrucións do mandadiño deste ano e invitounos  cun encrucillado xigante a montar palabras relacionadas co Entroido.

O venres chegou o gran día. Continuamos coa temática dos Xogos tradicionais e se en decembro a proposta foi os xogos populares, neste segundo trimestre centrámonos nos xogos de mesa.

Comezamos cunha chocolatada ofrecida polo ANPA “O Galo” e una merenda onde non faltaron doces típicos desta época.

A continuación todo alumnado desfilou pola praza e amosou os seus disfraces de pezas de construcción, dominós, trivial, comecocos, naipes, parchís... e as súas actuacións diante das familias.

Nos contextos de aprendizaxe fixemos traballos coas típicas  máscaras e personaxes de Galicia.

Investigamos sobre o mito de Urco e sobre o autor do cartaz do Entroido en Pontevedra, o ilustrador pontevedrés Santiago Paredes Cruz .  




miércoles, 18 de enero de 2023

DÍA DA PAZ 2023 PASAPALABRA E PODCAST

DISFRUTA DO XOGO OU ESCÓITANOS E CELEBRA TAMÉN O DÍA DA RADIO O 14 DE FEBREIRO ESCOITANDO O NOSO PODCAST