Preparados, listos,...
Arranca unha nova edición do Salón do Libro de Pontevedra este ano relacionado coa maxia. Estamos a preparar fórmulas máxicas, pócimas, conxuros e moitas cousas máis.
Para ir facendo boca hoxe recibimos a visita da mascota do salón. Sabedes como se chama? Claro, ORBIL que como xa imaxinades é libro ao revés.
Por outra banda comunicavos que, a partir de mañán pódense traer libros para o TROCALIBROS que será nas instalacións do palacio de Congresos e Exposicións o vindeiro 10 de marzo.
Podedes consultar a información no seguinte enlace: