martes, 7 de febrero de 2017

NOVIDADES

NOVIDADES


Aquí están as  novidades que máis éxito tiveron, os nen@s de 5º de Educación Primaria fixeron as portadas e un resumo dos libros que escolleron.

Anímate e ven á biblio!!!,  xa están disponibles!!!


viernes, 3 de febrero de 2017

SESIÓN DE CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS





Hoxe tivemos o pracer de recibir a Raquel Queizás na nosa biblioteca.
Os ne@s de 5º e 6º de educación infantil disfrutaron moito desta sesión de contacontos traballando aspectos da tan importante e necesaria intelixencia emocional.
Por qué a importancia de educar na intelixencia emocional aos nos@s nen@s dende ben pequenos?
-Favorece o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Constrúe unha actitude empática como base da solidariedade.
-Fai que sintan pracer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Favorece a adquisición vocabulario emocional.
-Potenciase o recoñecemento dos sentimentos e emocións dos demáis.

Para rematar gustaríanos recordar a Gianni Rodari e tomar como referencia esta cita: " o primeiro coñecemento da lingua escrita non atopou ningún itinerario máis rico, máis cheo de cor e máis atractivo que un libro de contos".









https://goo.gl/photos/M1BTNjtAJSTJCRFz5
Pulsar para ver fotos