Hoxe tivemos o pracer de recibir a Raquel Queizás na nosa biblioteca.
Os ne@s de 5º e 6º de educación infantil disfrutaron moito desta sesión de contacontos traballando aspectos da tan importante e necesaria intelixencia emocional.
-Favorece o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Constrúe unha actitude empática como base da solidariedade.
-Fai que sintan pracer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Favorece a adquisición vocabulario emocional.
-Potenciase o recoñecemento dos sentimentos e emocións dos demáis.
Para rematar gustaríanos recordar a Gianni Rodari e tomar como referencia esta cita: " o primeiro coñecemento da lingua escrita non atopou ningún itinerario máis rico, máis cheo de cor e máis atractivo que un libro de contos".
Pulsar para ver fotos |
Fermosas palabras.
ResponderEliminarEu penso que o conto, para as nenas e os nenos, é un miradoiro sobre o mundo, a ferramenta que lles permite converterse en observadores e asistir ao desenvolvemento dun conflito.
A través da palabra, o conto convértese nun diálogo no que o público comparte a experiencia das personaxes, creando un espazo idóneo para o traballo na educación en valores e na resolución de conflictos, mentres se goza dun momento de maxia e diversión".
Ata o próximo conto, amigxs!!!