viernes, 5 de mayo de 2017

VISITA DE GONZALO MOURE Á NOSA BIBLIO

O alumnado de 3º de educación primaria tivemos a sorte de coñecer e escoitar a Gonzalo Moure autor do libro que estamos lendo na aula , Cama e conto.
Este é un texto fermoso, moi fermoso, no que Gonzalo Moure pretende compartir cos nenos de hoxe ese espazo de liberdade infinita ao que se pode chegar no acto íntimo dun pai ou unha nai contándolle un conto ao seu fillo. Un libro, deliciosamente ilustrado por Lucía Serrano, que propón unha reflexión sobre os límites da lectura e a necesidade imperiosa de compartila.

Preme no enlace para ver as fotos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario