lunes, 28 de diciembre de 2020

"17 aulas, 17 motivos para ler "

 No marco do Proxecto de centro 2020-2021 "17 aulas 17 motivos para ler", estas vacacións de Nadal o alumnado recebeu un agasallo da nosa mascota Barazas, en forma de marcapáxinas, que inclúe un código QR de acceso directo ao blog da biblio,  en concreto á páxina relacionada cos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible 



As familias atoparán unha selección de recursos bibliográficos e informativos  que de xeito físico ou dixital serven de apoio  ao traballo nas aulas .

Deste xeito esperamos que  toda a comunidade educativa  sexa parte deste compromiso  co futuro do noso planeta.

lunes, 14 de diciembre de 2020

Familias comprometidas

A biblioteca está a servir de marco de distintas actividades, entre elas, conferencias presenciais e videoconferencias coas familias do alumnado de 2º, onde nos achegan en primera persoa ás características dos distintos oficios aos que se adican.

Podedes velos neste enlace
OFICIOS E PROFESIÓNS

A familia de Xaquín, alumno de 2ºB contounos da importante labor que fai UNICEF.
Tamén nos contaron as súas experiencias en temas relacionados cos ODS, proxecto do centro, tan presentes agora mesmo na sociedade e na escola.
Grazas por vir e por axudarnos a entender a importancia de coidar o mundo que nos rodea.

domingo, 13 de diciembre de 2020

Un ano de “O latexo dunha aula infantil”

InnovArte un ano máis



 Empezar a leer

Booktrailer “El latido de un aula infantil”, Octaedro editorial

O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián“, en El Correo Gallego TV-Librería Couceiro

Jaume Carbonell Sebarroja:”Diez libros sobre educación, cosecha 2020″, en Blog Pedagogías siglo XXI-El Diario de la educación, 2020

Eduardo Fuentes Abeledo: “Recensión sobre O latexo dunha aula infantil. Eloxio do cotián, en Revista Galega da Educación, 70, 2020

Los 90 mejores libros para docentes“, en Educación 3.0

sábado, 14 de noviembre de 2020

CONTAXIO, unha palabra no dicionario

"Contaxio", conto escrito de maneira colaborativa por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e ilustrado por Leandro Lamas  constitúe unha proposta didáctica de UNICEF para promover os dereitos dos nenos e os adolescentes tanto á educación, como á información daqueles aspectos da realidade que lles afectan directamente.

domingo, 18 de octubre de 2020

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares. 17 MOTIVOS PARA LER

Nestes días  de outubro xúntanse  varias efemérides  que sinalan de xeito especial situacións relacionadas co BENESTAR das persoas. Dende a Biblioteca tamén queremos visibilizalos.

O 17 de outubro é o día elexido pola Organización de Nacións Unidas para  sinalar o primeiro dos obxectivos da Axenda 2030 para transformar o noso mundo, a "Fin da pobreza"

Unha das súas organizacións, o seu Programa mundial de Alimentos acaba de ser galardoado co Premio Nobel da Paz . Este Programa está moi vinculado ao obxectivo 2 "Fame cero"( 16 de outubro-Día Mundial da Alimentación). 

O  19 de outubro é o Día da loita contra o cancro  de mama. A saúde e  benestar é o obxectivo 3 da Axenda.

E o 24 de outubro celebramos  o Día das Bibliotecas Escolares e  a nosa mascota Barazas, a través das súas propostas de lectura, axudaranos no noso compromiso cos 17 obxectivos sostibles.

 Na páxina da cabeceira "17 motivos para ler" iremos engadindo moitos deses recursos. Clica nas imaxes e ...IMOS ALÓ!


sábado, 17 de octubre de 2020

15 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS.CELEBRÁMOLO!!




 

BENVIDA

A nosa mascota BARAZAS naceu o curso pasado nunha aula de Infantil e estréase neste curso 2020-21 tan particular, invitándonos a seguir medrando e formándonos como persoas imaxinativas, informadas, solidarias e comprometidas...a ser tantas cousas como as tiras de cores que debuxan o seu  corpo e lle dan nome. Amárrate a esas cordas e disfruta da nosa biblioteca!!!!!Clica no debuxo  e coloréalo.

miércoles, 17 de junio de 2020

GUÍAS DE LECTURA VERÁN 2020

                           Non esquezas un paseíño polas librarías da túa cidade!!Bó verán!

sábado, 16 de mayo de 2020

ESCOLMA LETRAS GALEGAS 2020

Baixo a coordinación do Equipo De Dinamización da Lingua Galega mestres e mestras do CEIP Praza de Barcelos, celebramos con vós este día adicado a Ricardo Carvalho Calero

jueves, 2 de abril de 2020

SALÓN DO LIBRO VIRTUAL

Participamos con HUMOR no SALÓN DO LIBRO VIRTUAL
Todos os niveis dende Infantil a Primaria participamos con ilusión nesta convocaoria do Salón e agora a seguiremos disfrutando dende casa.


miércoles, 1 de abril de 2020

XUNTOS O CONSEGUIREMOS

Santi Fernández alumno de 2° de EP decidiu aplicar o que está a aprender con ferramentas como o Paint e imaxinou está fantástica historia