Nestes días de outubro xúntanse varias efemérides que sinalan de xeito especial situacións relacionadas co BENESTAR das persoas. Dende a Biblioteca tamén queremos visibilizalos.
O 17 de outubro é o día elexido pola Organización de Nacións Unidas para sinalar o primeiro dos obxectivos da Axenda 2030 para transformar o noso mundo, a "Fin da pobreza"
Unha das súas organizacións, o seu Programa mundial de Alimentos acaba de ser galardoado co Premio Nobel da Paz . Este Programa está moi vinculado ao obxectivo 2 "Fame cero"( 16 de outubro-Día Mundial da Alimentación).
O 19 de outubro é o Día da loita contra o cancro de mama. A saúde e benestar é o obxectivo 3 da Axenda.
E o 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares e a nosa mascota Barazas, a través das súas propostas de lectura, axudaranos no noso compromiso cos 17 obxectivos sostibles.
Na páxina da cabeceira "17 motivos para ler" iremos engadindo moitos deses recursos. Clica nas imaxes e ...IMOS ALÓ!
No hay comentarios:
Publicar un comentario