Sabes quen é o Apalpador?
O Apalpador é un personaxe nacido no Courel a que segundo din lle gusta
compartir con nos as festas de Nadal. Contan os maiores que é un pastor
grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo
cheo de remendos e a grandes zancadas, recorre Galicia enteira.
Segundo a lenda o Apalpador durante a maior parte
do ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís,
recolecta mel e fai, coas ramas das árbores dos bosques xoguetes. En Noiteboa e Noitevella abandona as montañas para
baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións dos máis pequenos. O
seu obxectivo é palpar as súas barrigas, ver si comeron suficientemente durante
o ano y deixar un puñado de castañas.
Si ademais foron bos, tamén deixará
algún regalo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida.