viernes, 23 de diciembre de 2022

O APALPADOR

 


Sabes quen é o Apalpador?

 

O Apalpador é un personaxe nacido no Courel a que segundo din lle gusta compartir con nos as festas de Nadal. Contan os maiores que é un  pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, recorre Galicia enteira.

Segundo a lenda o Apalpador durante a maior parte do ano  fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai, coas ramas das árbores dos bosques xoguetes.  En Noiteboa e Noitevella  abandona as montañas para baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións dos máis pequenos. O seu obxectivo é palpar as súas barrigas, ver si comeron suficientemente durante o ano y  deixar un puñado de castañas.

 Si  ademais foron bos, tamén deixará algún regalo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida.    


No hay comentarios:

Publicar un comentario