martes, 21 de febrero de 2023

ENTROIDO no CEIP Plurilíngüe Praza de Barcelos

  A comunidade escolar está a celebrar o Entroido cun montón de propostas:

 O Equipo de Dinamización da língua mandounos as instrucións do mandadiño deste ano e invitounos  cun encrucillado xigante a montar palabras relacionadas co Entroido.

O venres chegou o gran día. Continuamos coa temática dos Xogos tradicionais e se en decembro a proposta foi os xogos populares, neste segundo trimestre centrámonos nos xogos de mesa.

Comezamos cunha chocolatada ofrecida polo ANPA “O Galo” e una merenda onde non faltaron doces típicos desta época.

A continuación todo alumnado desfilou pola praza e amosou os seus disfraces de pezas de construcción, dominós, trivial, comecocos, naipes, parchís... e as súas actuacións diante das familias.

Nos contextos de aprendizaxe fixemos traballos coas típicas  máscaras e personaxes de Galicia.

Investigamos sobre o mito de Urco e sobre o autor do cartaz do Entroido en Pontevedra, o ilustrador pontevedrés Santiago Paredes Cruz .  




No hay comentarios:

Publicar un comentario