martes, 21 de febrero de 2023
ENTROIDO no CEIP Plurilíngüe Praza de Barcelos
A comunidade escolar está a celebrar o Entroido cun montón de propostas:
O Equipo de Dinamización da língua mandounos as instrucións do
mandadiño deste ano e invitounos cun encrucillado xigante a montar
palabras relacionadas co Entroido.
O venres chegou o gran día. Continuamos coa temática dos Xogos
tradicionais e se en decembro a proposta foi os xogos populares, neste segundo
trimestre centrámonos nos xogos de mesa.
Comezamos cunha chocolatada ofrecida polo ANPA “O Galo” e una merenda onde
non faltaron doces típicos desta época.
A continuación todo alumnado desfilou pola praza e amosou os seus disfraces
de pezas de construcción, dominós, trivial, comecocos, naipes, parchís... e as
súas actuacións diante das familias.
Investigamos sobre o mito de Urco e sobre o autor do cartaz do Entroido en Pontevedra, o ilustrador pontevedrés Santiago Paredes Cruz .