jueves, 21 de septiembre de 2017

lunes, 5 de junio de 2017

LIBRO DE CONTOS ELABORADO POLOS NEN@S DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Despóis de estudar as características da obra "Cuentos y poemas para un mes cualquiera" de Jordi Sierra i Fabra e Antonio García Teijeiro, cada neno de 5º de primaria elaborou o seu propio conto, de temática libre. Os contos foron creados, escritos e ilustrados por cadanseu autor. Tamén fixeron a encuadernación(artesanal), portada e todo o proceso ata rematar a elaboración do libro e polo a disposición do resto dos compañeiros, na biblioteca do centro.
Un resultado espectacular!!!Noraboa!!!
Preme no enlace para ver as fotos.



https://goo.gl/photos/juiEsN24f1kemFuk6

lunes, 29 de mayo de 2017

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA BIBLIO

Este ano o día das letras galegas está dedicado ao autor Carlos Casares. Na biblioteca houbo un espazo para expoñer algunhas das súas obras que están a disposición de todos. Se queredes saber máis información do autor podedes entrar no blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística(E.N.D.L). Preme na imaxe para ver máis fotos.


PROXECTO SENTIR O MAR

A través deste proxecto de sentir o mar , o alumnado de 6º de educación infantil experimenta de xeito multisensorial con persoas invidentes. O traballo foi moi enriquecedor para todos.
Aquí está o álbum coas fotos do traballo que fixemos na biblio, preme no enlace.


martes, 16 de mayo de 2017

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO NA AULA DE 1ºA

Os nen@s de 1ºB participamos nas actividades da semana do libro, compartindo lecturas na aula e lendo co alumnado de 3 anos no patio. Pasámolo en grande!!!. Preme no enlace para ver o álbum de fotos.

https://goo.gl/photos/DeAguuWpjy6wUsVt7

ELABORACIÓN DE CONTOS

Os nen@s de 2º de educación primaria elaboramos contos na biblio para  logo ler a ao alumnado de 1ºB. Cómo nos gustou a actividade!!!.

https://goo.gl/photos/ejUCqWGVoCEmBnTu5

lunes, 15 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO NO PARQUE

Os alumn@s de 4º de primaria interaccionan a través dos contos cos nen@s de 6º de educación infantil, esta vez no parque de Barcelos.
Preme no enlace para ver as fotos.

https://goo.gl/photos/eDbQuQ5ybMixgvPn6https://goo.gl/photos/eDbQuQ5ybMixgvPn6

viernes, 12 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO. OS ALUMNOS DE 4º CONTAN ...

Nesta actividade @s alumn@s de 4º de educación primaria len contos aos nen@s de 6º curso de educación infantil. A interacción foi moi positiva e motivadora e quedaron con ganas de volver a repetir a actividade.
Preme no enlace para ver as fotos.

https://goo.gl/photos/wrjTtr5qZc5jC7aT8

martes, 9 de mayo de 2017

CONTOS DOS ALUMNOS DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Este álbum de  fotos pertence a  outra actividade que se desenvolveu na biblioteca para celebrar a semana do libro.
Os nen@s de 2º curso de educación primaria interpretaron contos feitos por eles. Para eso contaron cun público moi especial...os nen@s de 5º de educación infantil!!!.


https://goo.gl/photos/VcyeMxZ629FLRHU18

lunes, 8 de mayo de 2017

ACTIVIDADES SEMANAIS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Durante o recreo dos nen@s de educación infantil as profes sacaron  ao patio O Bibliocarro,  qué sorpresa levamos!!!, estaba cheo de contos que nos gustaron moitísimo!!!

Preme no enlace para ver as fotos.

https://goo.gl/photos/3WLP9PFRdAeVpWn19

TORNEOS DE XADREZ

Dende a biblioteca tamén se organizan torneos de xadrez, gústanos moito xogar cos compañeiros da clase e tamén de outros cursos.
Os gañadores do último torneo foron:
Brais Moreira Novo de 3º A
Yeray Roel Cid de 5ºB
Alejandro Villaverde Puente 5ºB
Noraboa!!!
Preme no enlace para ver as fotos.





viernes, 5 de mayo de 2017

VISITA DE GONZALO MOURE Á NOSA BIBLIO

O alumnado de 3º de educación primaria tivemos a sorte de coñecer e escoitar a Gonzalo Moure autor do libro que estamos lendo na aula , Cama e conto.
Este é un texto fermoso, moi fermoso, no que Gonzalo Moure pretende compartir cos nenos de hoxe ese espazo de liberdade infinita ao que se pode chegar no acto íntimo dun pai ou unha nai contándolle un conto ao seu fillo. Un libro, deliciosamente ilustrado por Lucía Serrano, que propón unha reflexión sobre os límites da lectura e a necesidade imperiosa de compartila.

Preme no enlace para ver as fotos.



martes, 7 de febrero de 2017

NOVIDADES

NOVIDADES


Aquí están as  novidades que máis éxito tiveron, os nen@s de 5º de Educación Primaria fixeron as portadas e un resumo dos libros que escolleron.

Anímate e ven á biblio!!!,  xa están disponibles!!!


viernes, 3 de febrero de 2017

SESIÓN DE CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS





Hoxe tivemos o pracer de recibir a Raquel Queizás na nosa biblioteca.
Os ne@s de 5º e 6º de educación infantil disfrutaron moito desta sesión de contacontos traballando aspectos da tan importante e necesaria intelixencia emocional.
Por qué a importancia de educar na intelixencia emocional aos nos@s nen@s dende ben pequenos?
-Favorece o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Constrúe unha actitude empática como base da solidariedade.
-Fai que sintan pracer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Favorece a adquisición vocabulario emocional.
-Potenciase o recoñecemento dos sentimentos e emocións dos demáis.

Para rematar gustaríanos recordar a Gianni Rodari e tomar como referencia esta cita: " o primeiro coñecemento da lingua escrita non atopou ningún itinerario máis rico, máis cheo de cor e máis atractivo que un libro de contos".









https://goo.gl/photos/M1BTNjtAJSTJCRFz5
Pulsar para ver fotos