viernes, 23 de diciembre de 2022

O APALPADOR

 


Sabes quen é o Apalpador?

 

O Apalpador é un personaxe nacido no Courel a que segundo din lle gusta compartir con nos as festas de Nadal. Contan os maiores que é un  pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, recorre Galicia enteira.

Segundo a lenda o Apalpador durante a maior parte do ano  fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai, coas ramas das árbores dos bosques xoguetes.  En Noiteboa e Noitevella  abandona as montañas para baixar ata as aldeas e entrar sixilosamente nas habitacións dos máis pequenos. O seu obxectivo é palpar as súas barrigas, ver si comeron suficientemente durante o ano y  deixar un puñado de castañas.

 Si  ademais foron bos, tamén deixará algún regalo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida.    


lunes, 28 de noviembre de 2022

BANCO DE ALIMENTOS

 Ademais de ensinar linguas, matemáticas, inglés, etc. no noso centro promovemos o cumprimento dos dereitos fundamentais e o respecto á dignidade humana. A liberdade, a xustiza, a democracia, o respecto a diversidade e a solidariedade. Para conseguir este fin realzamos actividades concretas como por exemplo unha recollida de alimentos que hoxe foron entregados ao banco de alimentos de Monteporreiro.

Os voluntarios que se acercaron a recoller os paquetes, contestaron amablemente ás nosas preguntas e amosáronse moi agradecidos. Igualmente nos amosamos o noso agradecemento pola importante  labor que están a levar a cabo.




viernes, 25 de noviembre de 2022

25N , Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Cada día tratamos de mellorar a convivencia e fomentar o respeto social na aula pero aproveitamos as conmemoracións fixadas no calendario escolar para facer un especial fincapé.


Nas clases de primeiro ciclo traballamos o conto de "Arturo e Clementina" de Adela Turín, dúas tartarugas  que nos axudaron a entender o lema que escollemos para esta ocasión:
 
NON CHEGA CON QUERER, HAI QUE QUERER BEN






viernes, 29 de abril de 2022

ABRIL MES DOS LIBROS

 Este curso combinamos dúas modalidades de acompañamento lector.

O alumnado de 3º e 4º de Primaria saíu ó patio cos nenos e nenas de Infantil e  durante a hora de ler,  foron o seu mellor modelo lector


 

 Por outra banda o alumnado de 5º e 6º recuperou os monicreques creados polo entroido, para inventar 

unhas divertidas historias coas que alumnos e alumnas de 1º e 2º pasámolo xenial na biblioteca.


 





lunes, 21 de marzo de 2022

Visitamos o Salón do libro

 O alumnado de Infantil e 1º de Primaria tivemos a oportunidade de visitar as propostas dos coles e doutros colectivos e artistas ao redor do tema "Con moita arte".

Coincidindo ademáis co día das árbores, Anxo Moure  trasladounos coas súas historias e a BARCA DOS SORRISOS, a forza da terra

 

 

 



jueves, 17 de marzo de 2022

SALÓN DO LIBRO 20121-2022 "CON MOITA ARTE"

Aqui tedes as aportacións das etapas de infantil (4º,5º e 6º) e Primaria (1º, 2º e 3º ciclo)  nesta edición do Salón do libro "Con moita arte" 
  •  "Eu son un artista" vídeo en movemento que mestura música e danza cun sinxelo lip dub. Alumnado de infantil
  • "Arte urbana" achégase á obra de Keith Haring desde o grafitti, o movemento...Alumnado de 1ºe 2º
  • "Coñecendo a Maruxa Mallo, sentindo a Maruxa Mallo" atrevémonos a pintar coma ela...Alumnado de 3º e 4º
  • " A arte da poesía polas rúas de Pontevedra" Poema que canta ás  prazas senlleiras de Pontevedra

domingo, 20 de febrero de 2022

Celebrando a Rosalía

 O 23 de Febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela a gran escritora galega Rosalía de Castro, autora de obras en castelán coma LA FLOR ou RUÍNAS e outras en galego coma CANTARES GALLEGOS ou FOLLAS NOVAS. 


No seguinte enlace podedes facer actividades LIM que vos permitirán saber máis sobre ela e que elaborou o EDLG do colección

Rosalía de Castro

Tamen da coordinadora Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria.

Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.
UD. Infantil: https://es.calameo.com/read/00670476639e85dc9afc7
UD 1º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766eb12b05c836e
UD 2º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/006704766be13afdee92e
UD 3º ciclo EP: https://es.calameo.com/read/0067047662f0e4b46eb4c

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/5ff75e8bc217200ce77cc6d5

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:
https://view.genial.ly/61ef0aca2dd7bf001347b1be




domingo, 23 de enero de 2022

WEBQUEST DÍA DA PAZ

O equipo de dinamización da língua ven de crear esta webquest ao redor do Día da Paz
Os principais valores que se promoven durante este día son: respeto, xustiza, paz, equidade ou igualdade e responsabilidade
Cerca de nos hai moitas persoas que traballan de xeito voluntario para que estes valores sexan unha realidade: ONGs e outras asociacións coma o comedor social de San Francisco co que xa colaboramos polo magosto, Boa Vida, Asdegal, Cruz vermella, Banco de alimentos, Fundación secretariado xitano, Manos Unidas...