lunes, 28 de noviembre de 2022

BANCO DE ALIMENTOS

 Ademais de ensinar linguas, matemáticas, inglés, etc. no noso centro promovemos o cumprimento dos dereitos fundamentais e o respecto á dignidade humana. A liberdade, a xustiza, a democracia, o respecto a diversidade e a solidariedade. Para conseguir este fin realzamos actividades concretas como por exemplo unha recollida de alimentos que hoxe foron entregados ao banco de alimentos de Monteporreiro.

Os voluntarios que se acercaron a recoller os paquetes, contestaron amablemente ás nosas preguntas e amosáronse moi agradecidos. Igualmente nos amosamos o noso agradecemento pola importante  labor que están a levar a cabo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario